libros más populares esta semana
Sinopsis
Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura.
Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos.
O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos.
No caderno 1 trabállanse as vogais, o e como elemento de enlace (conxunción) e os grupos vocálicos (ai, au, ei, eu, ou, oi). Propóñense exercicios de grafomotricidade dos principais trazos para facilitar a coordinación oculomanual á hora de representar as grafías.
Neste caderno preséntanse os textos en letra de pau, que tamén utilizarán os alumnos á hora de escribir (completar palabras), xunto coas grafías en maiúscula e a letra ligada.
Inclúense contos, adiviñas, poemas e outras actividades para que o alumno vaia progresando dunha maneira amena na aprendizaxe da lectoescritura e se familiarice con diferentes tipos de texto. Proponse a memorización dalgún deles para arrequentar o vocabulario e a expresión.
En cada ficha propóñense, ademais das individuais, unhas actividades previas que pretenden axudar aos alumnos a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que se lles pide, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais (xénero e número).
Ao final do caderno engádense dúas fichas para a avaliación dos contidos traballados.

Comparte con tus amigos
Cuéntanos qué te ha parecido este libro
Ver libros de la categoría
Últimos comentarios
- El juego del alma
1No ha terminado de engancharme, pasable sin másel 25 de Octubre del 2023 por Sara - El accidente en el retrovisor
1Un libro que me ha enganchado desde el primer capítulo y no podía dejar de leer. Me…el 25 de Octubre del 2023 por Sara - Camino sin señalizar
6A veces es difícil seguir lo que nos dice nuestra conciencia,por mucho que queramos, la conciencia siempre…el 22 de Enero del 2023 por Isa - Abierto: la historia del progreso humano
2La Biblioteca de Toledo... una gran colección de conocimientos de múltiples Civilizaciones! A tenerlo en cuenta!el 16 de Enero del 2023 por Rafa - Camino sin señalizar
6El primer capítulo destaca la estrategia de la conciencia de no atacar de frente, sino esperar a…el 09 de Enero del 2023 por Miguel
Aún no se ha publicado ninguna opinión de este libro.
Tu opinión es importante para la Comunidad.
Si has leído este libro, dinos qué te ha parecido.